Mónica Viqueira e a directora do CIM de Marín, Marián Sánchez, co cartel dos campamentos.

O prazo para a inscrición abrirá o 28 de abril e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor e no CEIP de Seixo

A concelleira Mónica Viqueira e a directora do CIM de Marín, Marián Sánchez, informaron de que o 28 de abril abrirá o prazo para inscribirse nas 300 prazas para os campamentos de conciliación de verán organizados polo Goberno local, dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, escolarizados no curso 2024/2025.
A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: presencialmente no Rexistro municipal, cun máximo de 5 solicitudes por persoa ou de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín co certifi cado dixital. No caso de non telo, pode solicitalo no Concello a través deste link: https://www.concellodemarin.es/expedicion-de-certifi cado-dixital/

O prazo de presentación rematará o 16 de maio. O prezo público será o mesmo que todos os anos, 30 euros por cada neno ou nena. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, volvendo a ofertar 300 prazas, repartíndose da seguinte forma:

1 – 14 de xullo:
🔹 CEIP do Sequelo: 75 prazas

17 – 31 de xullo
🔹 CEIP do Sequelo: 75 prazas
🔹 Casa de Cultura de Mogor: 25 prazas

1 – 14 de agosto:
🔹 CEIP do Sequelo: 50 prazas

18 – 29 agosto:
🔹 CEIP do Sequelo: 50 prazas
🔹 CEIP de Seixo: 25 prazas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *