Actuarase nos cruces na área da Cerradiña e no porto de Domaio e instalarase sinalización intelixente nos pasos de peóns para aumentar a visibilidade
Arrancan las obras del Tramo de Concentración de Accidentes de Domaio. Un inicio esperado al que han asistido la delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e dende o concello de Moaña, á alcaldesa Leticia Santos e a tenente de alcalde Marta Freire, ademáis do concelleiro de Mobilidade, Rodrigo Currás.
O Goberno galego adxudicaba o pasado mes de abril a intervención á empresa Construcións Obras e Viais, S.A. (Covsa) cun prazo de execución de 6 meses, polo que o obxectivo é tela rematada a finais deste mesmo ano. A actuación suporá un investimento autonómico de máis de 490.000 euros.
Segundo indicou, o proxecto da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten como finalidade actuar no treito comprendido entre os puntos quilométricos 27+760, no paso de peóns da travesía de Meira á altura do centro de saúde, e no 32+670, na intersección coa vía provincial EP-1103, á saída de Domaio.
Os traballos previstos centraranse na mellora de interseccións, como a da área recreativa da Cerradiña ou a do porto de Domaio, na que se executará una glorieta. Esta última permitirá os xiros en condicións seguras nese punto e contribuirá ao calmado do tráfico. Tamén se acondicionarán os pasos de peóns, con sinalización intelixente para facilitar a súa percepción. Así, instalaranse sinais verticais luminosos e puntos de luz específicos para o seu alumeado con detectores de presenza de peóns. Ademais, limitarase o aparcamento nos 10 metros anteriores para aumentar a súa visibilidade.
O proxecto prevé a construción dun paso de peóns no punto quilométrico 29+225. As obras tamén mellorarán o paso de peóns da travesía de Meira, fronte ao centro de saúde. Renovaranse as barreiras de seguridade e reporanse algúns sinais verticais, que serán substituídos por outros de maior reflectancia coa fin de facilitar a percepción da estrada en horario nocturno. Tamén se colocarán bandas transversais de alerta á entrada da travesía de Domaio desde Rande.
Incorporacións ao proxecto
Respecto ás incorporacións ao proxecto final, Fernández-Tapias subliñou que tras a análise das alegacións presentadas, a Xunta incluíu a posibilidade de xirar á esquerda no punto quilométrico 31+630 desde a estrada PO-551 para acceder á estrada provincial EP-1103. Ademais, na contorna da nova glorieta proxectada no punto quilométrico 31+580, ampliarase o ancho da beirarrúa anexa á edificación existente na marxe dereita.
Durante a execución da obra e de acordo cos criterios de funcionamento da estrada, determinarase o punto exacto máis axeitado para situar o cruzamento peonil no punto quilométrico 31+920.
Plan de Sendas do Morrazo
Xa por último, a delegada recordou que este proxecto compleméntase e está a coordinarse co da senda entre A Moureira e Palmás, nesta mesma estrada, que conta cun investimento de case 1,7 millóns de euros.
Este novo itinerario enmárcase no Plan de Sendas da comarca do Morrazo, que prevé a execución de 8 itinerarios seguros, sostibles e integrados na paisaxe, cun investimento que supera os 4,5 millóns de euros.