Momento no que soltan as troitas no lago.

O Lago Castiñeiras é un dos espazos naturais máis ricos da nosa contorna e
aproveitalo e coidalo é unha das prioridades do Goberno local. O concelleiro Pablo
Novas acompañou recentemente aos técnicos do Centro de Recuperación de
Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade, que botaron ao lago 100 exemplares de
troitas, de tipo salmo trutta.

Estes exemplares foron criados na piscifactoría do centro e forman parte da fauna
autóctona do lago. Teñen máis de 2 anos de vida e un tamaño de entre 16 e 22
centímetros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *